CGATE: Elimínase a Coordinación de Seguridade e Saúde nas obras de construción dos postos de traballo que poden desempeñar os títulos de Grao Superior de Técnico Superior en Prevención de Riscos Profesionais
Publicada o 17/07/25

O 12 de outubro de 2024 publicouse no BOE o Real Decreto 958/2024, de 24 de setembro, polo que se establece o título de Formación Profesional de Grao Superior de Técnico Superior en Prevención de riscos profesionais e fíxanse os aspectos básicos do currículo, normativa que incluía no seu artigo 7 o seguinte redactado en relación co exercicio profesional destes títulos:

"Artículo 7. Entorno profesional.

1. As persoas que obteñen este título exercen a súa actividade en administracións públicas, organizacións e empresas públicas ou privadas de calquera tamaño e actividade, desempeñando as tarefas da persoa traballadora designada, a persoa coordinadora de actividades empresariais, recurso preventivo, formando parte do servizo de prevención propio ou mancomunado, do servizo de prevención alleo ou desempeñando as funcións que, no seu caso, lle faculte o ordenamento xurídico.

2. As ocupacións e postos de traballo son, entre outros, os seguintes:

a) Técnicos/as de prevención de nivel intermedio.

b) Técnicos/as intermedios en seguridade e saúde no traballo.

c) Encargados/as da coordinación das actividades preventivas.

d) Coordinadores/as de seguridade e saúde nas obras de construción".

Tras ter coñecemento da publicación desta norma (o COATAC fue un dos que puxo de manifesto esta cuestión), o CGATE interpuxo o correspondente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Supremo o considerar que o apartado 7.2.d) era contrario a Dereito, vulnerado tanto a LOE como o RD 1627/1997. Admitido a trámite o recurso, a Abogacía do Estado solicitou a suspensión do procedimiento o compartir o criterio desta Corporación en relación co carácter antixurídico do citado precepto. Como consecuencia delo, o Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes incluíu nun proxecto de Real Decreto sobre estándares de competenzas profesionais unha disposición final de modificación do RD 958/2024, suprimiendo o apartado 7.2.d) da citada norma.

O procedemento iniciado polo CGATE estivo en suspenso ata o remate da tramitación do proxecto de Real Decreto, que tivo lugar o pasado 28 de xuño coa publicación no BOE do Real Decreto 532/2025, de 24 de xuño:

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2025-13147

A Disposición final primeira desta norma contempla a supresión do apartado 7.2.d) do RD 958/2024.

Coa eliminación da Coordinación de Seguridade e Saúde nas obras de construción do RD 958/2024, produciuse a satisfacción extraprocesal do procedemento, polo que estamos á espera de que o Supremo acorde o seu arquivo.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.