Informámosche que o xoves 12 de marzo terá lugar ás 17:00 h, presencialmente no Salón de Actos do COATAC na Coruña e tamén mediante videoconferencia, unha Xornada informativa onde responsables do Concello da Coruña informarán sobre as novidades dos IAE, ocupacións, mobilidade e outros asuntos de interese.
Á mesma está previsto que polo menos asistan o Concelleiro de Urbanismo, Rehabilitación e Vivenda D. Francisco Dinis Díaz Gallego, así como a Concelleira de Infraestruturas ee Mobilidad Dª Noemí Díaz Vázquez, así como técnicos responsables do servizo.
Se estás interesado en asistir a esta Xornada, ponte en contacto co Gabinete Técnico do COATAC a través do email gestiongabinete@coatac.es antes das 14:00 do xoves 12 de marzo, indicando se queres asistir de forma presencial ou por videoconferencia.


