III Edición do concurso de Fotografía de Edificación de Activatie
Publicada o 08/05/24

Tralo éxito de participación na anterior edición, Activatie convoca unha nova Edición do concurso de Fotografía de Edificación, co obxectivo fomentar a participación de usuarios da Plataforma o interese mutuo de destacar os aspectos mais relevantes da nosa profesión que poidan quedar plasmados nunha imaxe: as mellores solucións construtivas, a execución da obra, a seguridade e saúde, a eficiencia enerxética e sostibilidade, etc.

Proposta orientativa de temáticas: Execución de obra, Rehabilitación, Control de calidade, Seguridade e Saúde, Eficiencia enerxética, Sostibilidade, BIM, etc.

Fin de prazo para presentar fotografías: 30 de xuño de 2024.

Mais información, inscricións e bases do concurso picando aquí.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.