O CGATE remítenos sentenza do Tribunal Supremo de 14 de xullo de 2025 que nos traslada o Coaat de Soria, pola que se declara non haber lugar o recurso de casación nº 258/2022 interposto en representación da Administración do Estado contra a sentenza nº 241/2021, de 12 de novembro de 2021, da Sección 1ª da Sala do Contencioso- Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León, sede de Burgos, dictada no recurso de apelación nº 88/2021. Esta última resolución estimou conforme a dereito a obrigación da Administracion de requerir o promotor dunha obra de construción de vivendas para que designara a un arquitecto ou arquitecto técnico como coordinador de seguridade e saúde da mesma.
Neste recurso, a cuestión que presentaba interese casacional obxectivo para a formación da xurisprudencia consistía en determinar si entre as competenzas legamente atribuidas á Inspección de Traballo e Seguridade Social ha de considerarse incluida a de esixir á promotora a designación dun técnico con titulación habilitante para desempeñar a coordinación de seguridade e saúde nunha obra de construción de vivendas.
Para responder a esta cuestión, o Alto Tribunal parte do marco normativo sobre a prevención de riscos laborais, concretando as funcións que neste ámbito encoméndanse á Inspección de Traballo e Seguridade Social, todo isto o obxecto de precisar se nestas funcións inclúense a fiscalización e esixencia do cumprimento do preceptuado na disposición adicional cuarta da Lei 38/1999, de 5 de novembro de Ordenación da edificación. Neste sentido, tamén considera preciso determinar se a titulación habilitante para desempeñar a función de coordinador de seguridade e saúde en obras de edificación incide no ámbito propio de prevención de riscos laborais.
Finalmente, unha vez expostas as súas consideracións, o Tribunal ven a declarar que entre as competenzas legalmente atribuidas á Inspección de Traballo e Seguridade Social atópase, de conformidade co dispuesto no artigo 12.1.b.1 en relación co artigo 22.2, ambos da Lei 23/2015, de 21 de xullo, Ordenadora do Sistema de Inspección de Traballo e Seguridade Social, a de velar porque o promotor da obra cumpra coa obrigación de designar a un técnico que conte coa titulación habilitante esixida para desempeñar as funcións de coordinación de seguridade e saúde nunha obra de construción de vivendas.