CGATE - Apertura do proceso de verificación do Desenvolvemento Profesional Continuo de 2024
Publicada o 29/12/23

O CGATE infórmanos que, por quinto ano consecutivo, atópase habilitada a plataforma de verificación do Desenvolvemento Profesional Continuo para a subida da formación demostrable recibida neste 2023 e consecuente obtención do selo DPC.

Convén recordar que esta verificación é de carácter voluntario e está dirixida a todos aqueles compañeiros que queiran demostrar o seu compromiso de formación continua nun proceso avaliado por Unión Profesional, ademais de polo CGATE e do que se poden consultar as súas bases aquí. 

Co obxectivo de dar visibilidade a este esforzo formativo, segue a disposición pública a lista de Arquitectos Técnicos Verificados para que todo aquel que a consulte, poida observar con facilidade a traxectoria DPC do profesional en cando a este selo. Dada a importancia desta verificación, desde os órganos de goberno do CGATE decidiuse que o proceso sexa gratuito para a súa obtención desde a data de salida deste oficio e durante todo o ano 2024.

Podes descargar no documento adxunto unhas sinxelas instrucións do proceso para axudar a obter este selo.

Por último, e no caso de ter calquera dúbida ou consulta sobre o selo ou seu proceso de obtención, cabe informar que se habilitou o correo: dpc@arquitectura-tecnica.com