A Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para a economía circular, especificaba na súa redacción a necesidade de elaborar un censo das instalacións e emprazamentos con amianto por parte dos concellos, tal e como ven recollido na súa disposición adicional decimocuarta:
“No prazo dun ano desde a entrada en vigor da lei, os concellos elaborarán un censo de instalacións e emprazamentos con amianto incluíndo un calendario que planifique a súa retirada. Tanto o censo como o calendario, que terán carácter público, serán remitidos ás autoridades sanitarias, medioambientais e laborais competentes das comunidades autónomas, as cales deberán inspeccionar para verificar, respectivamente, que se retiraron e enviado a un xestor autorizado. Esa retirada priorizará as instalacións e emprazamentos atendendo a seu grao de perigosidade e exposición á poboación mais vulnerable. En todo caso as instalacións ou emprazamentos de carácter público con maior risco deberán estar xestionadas antes de 2028.”
É por isto que a Dirección Xeral de Saúde Pública e Equidade na Saúde publicou un documento que pretender ser unha guía metodolóxica de carácter non vinculante dirixida aos Concellos para axudarlles na elaboración do censo municipal do amianto. Este documento foi elaborado por:
- O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (Secretaría de Estado de Medio Ambiente. Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental).
- O Ministerio de Sanidade (Secretaría de Estado de Sanidade. Dirección Xeral de Saúde Pública e Equidade en Saúde).
- O Ministerio de Traballo e Economía Social (Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo).