Oferta PREOC & PREMETI 2025
Publicada o 12/03/25

ATAYO S.A. comunícanos a aparición da base de prezos de construción PREOC 2025 e do programa de Medicións e Orzamentos PREMETI 2025, ofrecendo como todos os anos un importante desconto (50%) ao realizar a compra a través do Colexio. Un ano especial polo anuncio da próxima construción de novas vivendas polas Comunidades Autónomas, Concellos e Estado da Nación.

USUARIOS QUE XA DISPOÑEN DE PREMETI de anos anteriores

Para os colexiados que xa sexan usuarios de Premeti poden realizar a actualización da súa versión ao 2025 en www.preoc.es (75€ + 21% IVE usuarios 2024, 2x75 € + 21% IVE usuarios 2023 e 3x75€ + 21% IVE usuarios 2022).

Se a actualización de Premeti é dunha versión anterior a 2022 é máis económico adherirche á oferta deste ano de Preoc 2025 + Premeti 2025 (270 € + IVE) a través do Colexio.

-A facturación e cobranza das vendas de Preoc+Premeti 2025 será realizada por Atayo s.a. directamente ao colexiado.

Se estás interesado/a en adquirir a oferta PREOC + PREMETI 2025, debes de enviar un e-mail ao gestiongabinete@coatac.es indicando o teu nº de colexiado/a, nome e apelidos, solicitando o envío do código de oferta para a descarga.

Podes consultar a información completa no documento adxunto.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.