A Xunta de Goberno deste COATAC informa que, no seu afán de seguir mellorando os servizos que se veñen prestando, decidiu crear, dentro do apartado “Servizos o Cidadán” da páxina web colexial, un buscador de arquitectos/as técnicos/as especialistas en distintos ámbitos profesionais, co fin de que poidan facilitar dunha maneira sinxela os seus servizos técnicos á sociedade en xeral, na localidade onde esté establecido o seu domicilio profesional.
A inscrición neste buscador renovarase anualmente e é voluntaria, pero debe ser responsable, de tal xeito que os técnicos que se inscriban no mesmo realmente sexan especialistas no ámbito no que se realice a inscrición, pola súa experiencia profesional ou pola súa formación específica.
Se estás interesado en inscribirte neste buscador de arquitectos/as técnicos/as especialistas, envía o Boletín que se adxunta á seguinte dirección de correo electrónico: gestiongabinete@coatac.es, antes das 14:00 do venres 23 de maio.
Os datos que figurarán neste listado serán os datos profesionais do/a colexiado/a que se indican a continuación: nome, apelidos, nº de colexiado/a, dirección profesional, teléfono e dirección de e-mail, que se poderán actualizar en calquera momento accedendo con usuario e contrasinal a súa ficha colexial, na páxina web colexial.