Actos de Celebración do noso Patrón San Juan de Ortega 2025
Publicada o 15/04/25

O próximo 6 de xuño (venres), os/as colexiados/as do COATAC, celebraremos a festividade do noso Patrón San Juan de Ortega.

Consistirá nun Acto de recoñecemento aos/as colexiados/as que cumpren 60, 50 e 25 anos de exercicio profesional, así como nunha Cea de Confraternización. Debido á rotación da celebración deste acto entre as tres sedes colexiais, este ano corresponde realizalo na Coruña.

Os eventos conmemorativos comezarán ás 20:00 horas no Hotel Attica21 da Coruña (R. Enrique Mariñas Romero, 34, 15009 A Coruña), onde terá lugar a entrega de Diplomas e imposición de Insignias e Medallas de 60, 50 e 25 anos de exercicio profesional segundo relación nominal que se anexa xunto con información sobre aloxamento e aparcamento no Hotel Attica21.

A efectos organizativos, rogámosche cumprimentes o Boletín adxunto e envíelo cuberto e asinado ao mail: gestiongabinete@coatac.es, tamén podes entregalo en calquera das tres Sedes Colexiais. O importe da Cea é de 45 € por persoa, por motivos de organización as reservas realizaranse por rigorosa orde de inscrición para axustarnos ao aforo e o límite de inscrición será ata o mércores día 28 de maio ás 14:00 horas.

Animámosche a participar destes actos tradicionais.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.