CATASTRO: Acceso electrónico á notificacións catastrais
Publicada o 07/05/25

Catastro infórmanos sobre as ferramentas que permiten a notificación electrónica dos actos administrativos que se ditan nos procedementos catastrais:

  • Sede Electrónica do Catastro (SEC):

É a ventá telemática da Dirección Xeral do Catastro para a atención á cidadanía. Facilita o acceso a produtos e servizos catastrais, de maneira cómoda e sinxela, como é o acceso as súas notificacións.

Calquera pode acceder a través de https://www.sedecatastro.gob.es

  • Dirección Electrónica Habilitada única (DEHú): 

Desde fai algúns anos, de maneira complementaria á SEC, os actos ditados nos procedementos catastrais también se encuentran dispoñibles na Dirección Electrónica Habilitada única (DEHú), unha ferramenta que permite a cidadáns e empresas a recepción áxil e segura de comunicacións e notificacións emitidas polas administracións públicas adheridas á DEHú, como a Dirección Xeral do Catastro.

A través deste servizo os cidadáns poden recibir de maneira cómoda e inmediata notificacións relacionadas con procedementos catastrais, evitando demoras e optimizando a xestión catastral.

Para poder utilizar a DEHú non é necesario darse de alta, calquera pode acceder a través de http://dehu.redsara.es/ utilizando os seguintes medios electrónicos de autenticación:

-Certificado dixital ou DNI electrónico.

-Cl@ve Móvil.

-Cl@ve PIN.

-Cl@ve Permanente.

A principal ventaxa que ofrece a DEHú é que dispón dun apartado chamado “Meus datos de contacto”, onde calquera cidadán ou empresa pode incluir ata cinco direccións de correo electrónico e así recibir un aviso cada vez que teña novas notificacións dispoñibles. Esto é especialmente útil nos casos nos que os cidadáns non desexan recibir notificacións no seu domicilio ou en casos de compras de novas vivendas, nas que a comunicación catastral de alta na titularidade da nova vivenda moi probablemente chegue o domicilio anterior do cidadán e pode non recibila. Deste xeito, si o cidadán proporcionou un correo electrónico na DEHú, recibirá un aviso no seu correo electrónico en canto a notificación estea dispoñible, podendo acceder a ela electrónicamente, evitando o envío en papel.

Mais información no documento adxunto.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.