Os Ministerios de Vivenda e Axenda Urbana; de Economía, Comercio e Empresa; e de Industria e Turismo presentaron conxuntamente en Consello de Ministros o Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) da Industrialización da Vivenda.
Este pretende impulsar un proceso de transformación do sector que inclúa a reducción de tempos e incertidume na edificación, aumentando a súa vez a productividade e competitividade do sector sen menoscabo dunha alta calidade e sustentabilidade no produto final. Para iso, deseñáronse as seguintes liñas de actuación:
- Aumentar a capacidade productiva a través dunha mellor financiación público-privada e a xeneración dunha demanda estable.
- Polo lado da demanda, facilitar a posta en marcha de proxectos de construción, tanto de vivenda como doutro tipo de tipoloxías susceptibles de incorporar a construción industrializada.
- Creación dunha plataforma/marketplace colaborativa de compoñentes de sistemas de construción industrializada que permita visibilizar as súas prestacións, a compatibilidade entre os sistemas e as súas características técnicas, facilitando a colaboración entre actores e a competitividade.
- Acompañamento de medidas no ámbito da normalización ou da regulación, que xeneren o clima empresarial e normativo mais favorable, así como de colaboración público-privada, avanzando nun modelo de formación que impulse traballos inclusivos, cualificados e con recorrido profesional.
A estas liñas aparéllaselle como actuación a creación dunah Cidade da Industrialización da Construción en Valencia que está chamada a ser un espazo que combine a promoción industrial, formación especializada, visibilidade de proxectos e novas solucións construtivas.
Anunciouse que o Proxecto se financie con 1.300 millóns de euros en 10 anos para consolidar un ritmo de 15.000 vivendas industrializadas o ano; e 20.000 anuais o término destos 10 anos.
Mais información no documento adxunto.