MUSAAT: Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria de Mutualistas
Publicada o 23/05/25

MUSAAT infórmanos que o 26 de xuño de 2025 celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Mutualistas de MUSAAT en Madrid, no Salón Calathea I e II do Hotel Novotel Campo das Nacións, sito na Rúa de Ámsterdam nº 3 - Barallas, ás 9:00 en pirmera convocatoria e ás 10:00 en segunda convocatoria.

Á mesma asistirá o Presidente do COATAC, D. Juan Carlos Mato Méndez, como única representación institucional da profesión na nosa provincia. Se non vas poder asistir persoalmente á reunión, pedímosche a delegación do teu voto para poder representarche, coa certeza que os votos que se emitirán no teu nome e no de todos os representados, responderán ao mellor criterio e ao interese colectivo dos mutualistas da nosa demarcación.

Por este motivo, rogámosche envíes a MUSAAT, cuberta e asinada, a delegación de voto que se adxunta, para que se reciba en Madrid con dez días naturais de antelación á data da reunión en primeira convocatoria, por calquera dos seguintes procedementos de Delegación de Representación de voto:

1. Comunicación escrita do formulario adxunto coa firma autógrafa orixinal, á que se acompañará copia do DNI da persoa delegante (por ambas as caras). Ambos os documentos deberán presentarse no rexistro da Mutua (rúa do Xasmín nº 66, 28033 Madrid) antes das 20:00 h con 10 días naturais de antelación á data da reunión, non admitíndose as recibidas con posterioridade. Se prefires que o Colexio se encargue do envío, podes entregalo nos mostradores de calquera das sedes colexiais da Coruña, Ferrol e Santiago, pero neste caso, antes das 14:00 h do xoves 12 de xuño, para poder envialo por correo certificado urxente e que chegue a MUSAAT antes do prazo establecido.

Ou ben,

2. Comunicación a través de medios electrónicos. Cumprimentando o formulario adxunto asinado con certificado de firma electrónica recoñecido, que deberá ser remitido ao correo electrónico asamblea@musaat.es tamén no mesmo prazo de antes das 20:00 h do día 16 de xuño (neste caso non é necesaria a copia do DNI). Rogámosche que se optas por este medio poñas en copia a presidente@coatac.es.

Anéxase o documento de Delegación de Voto e a Convocatoria desta Asemblea. Tes á túa disposición toda a información sobre esta Asemblea na parte privada de mutualistas da páxina web de MUSAAT.