Campaña solidaria IRPF 2024
Publicada o 04/06/25

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de GaliciaCERMI Galicia e EAPN Galicia-Red Europea contra a Pobreza, plataformas que en Galicia agrupan prácticamente a totalidade das organizacións que loitan contra a pobreza e a exclusión social, piden a nosa colaboración.

Un ano mais, co comezo do período para realizar a declaración da renda, arranca a campaña da X Solidaria. Unha iniciativa coa que as organizacións animan a contribuintes a marcar a casilla 106 - Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social, destinando desta maneira o 0,7 % do seu IRPF á creación ou mantemento de proxectos sociales desenvolvidas por entidades do Terceiro Sector. 


Grazas ás persoas que marcaron este recadro 106, o ano pasado e só en Galicia, 162 entidades sociais puideron levar a cabo 733 proxectos que beneficiaron de forma directa a un mínimo de 149.477 persoas e indirectamente a mais de 400.000. 

Persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, maiores, con discapacidade, infancia e familia, mulleres e menores víctimas de violencia de xénero, persoas con problemas de adiccións, migrantes e refuxiadas ou a poboación rural son algunhas das beneficiarias destes programas, coas que traballan diariamente entidades sociais para mellorar a súa calidade de vida.

Con este simple xesto, o ano pasado chegouse aos 26.520.069 € recaudados grazas a 793.484 declarantes que marcaron a X solidaria. A pesar de que a tendencia vai en aumento, aínda hai 686.173 galegas e galegos que non o marcaron, se o fixesen recadaríanse 44.053.850 €, 17.533.781 € mais.  Por este motivo, pedimos a túa colaboración. Para que este ano marques a "X" na casilla de "Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social". 

Deixando claro que: 

  • Non resta: nin se paga mais, nin devolverán menos.
  • Se marcas o recadro da "Igrexa Católica", tamén podes marcar o de "Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social" porque ambas aportacións súmanse, destinando o 1,4 % do teu IRPF.

Podes obter mais información nos seguintes enlaces: 

http://www.xsolidaria.org | Noticia X Solidaria EAPN Galicia

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.