Programa de formación Competencias Dixitais para colexiados/as - Xornada Informativa
Publicada o 11/06/25

Tal e como xa se informou no seu momento, o 09/09/2024 publicouse no BOE nº 218 o Real Decreto 876/2024, de 3 de setembro, polo que se regula a concesión directa dunha subvención a Unión Profesional para o desenvolvemento dun programa de formación de competencias dixitais no ámbito dos colexios profesionais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, mediante o que se aprobou a concesión a Unión Profesional (UP) dunha subvención de 200 millóns de euros para o desenvolvemento dun PROGRAMA FORMATIVO DE COMPETENCIAS DIXITAIS NO ÁMBITO DOS COLEXIOS PROFESIONAIS.

O citado programa consiste nunha formación gratuita de 150 horas, cuxo contenido actualmente está en fase de definición e que está previsto que comece antes do mes de setembro.

A data de hoxe podemos avanzar as súas liñas xerais:

BLOQUE COMÚN (contidos comúns a todas as profesións): 

  • 40 horas online, impartidas por UP en horario libre con contidos comúns a todas as profesións con independencia do sector; ciberseguridade, intelixencia artificial, marketing dixital, recursos dispoñibles… 

BLOQUE ESPECÍFICO Arquitectos Técnicos (110 horas lectivas):

  • 80 horas online impartido polo CGATE en formación asíncrona, tipo MOODLE (horario libre). Contidos: RealidadE aumentada e realidade virtual, intelixencia artificial, Internet das cousas, medicións con Presto en BIM, Lean Construcción, xestión digital de obras, xemelgos dixitais, fotogrametría, pegada de carbono, ciclo de vida… 
  • 10 horas online impartido polo CGATE en formación síncrona (videoconferencia). Contidos: Servizos dixitais en sustentabilidade, xestión dixital do AT, LEEx, RRSS e marca persoal, Blockchain… 
  • 20 horas presenciais na Sede Colexial. Contidos: Obradoiro práctico ferramentas xestión dixital en obras, Tramitación dixital (BIM, visado dixital, trámites administrativos), IA, ferramentas de sustentabilidade… 

Este programa pretende ser unha oportunidade gratuita de mellora de coñecementos dixitais calquera que sexa o nivel do alumno, polo que consideramos que é unha oportunidade para o noso colectivo que non podemos deixar de aproveitar.

Respecto á planificación, está previsto que estas actividades formativas empecen a impartirse antes do mes de setembro deste ano, desenvolvéndose ata xuño do ano 2026, data na que deberán estar concluidas.

É importante destacar que para poder obter a subvención, é fundamental que o alumno/a finalmente complete esta formación, polo que é preciso o maior dos compromisos neste sentido.

O mércores día 18 de xuño terá lugar, ás 19:00 h, unha Xornada Informativa mediante videoconferencia, na que se explicarán as bases xerais desta formación. Se estás interesado en participar ponte en contacto co Gabinete Técnico do Colegio, a través do email gestiongabinete@coatac.es, antes das 14:00 h dese mesmo día.

 

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.