Publicouse no BOE nº 141, de 12 de xuño, Orde ECM/599/2025, de 10 de xuño, pola que se modifica a Orde ECO/805/2003, de 27 de marzo, sobre normas de valoración de bens inmobles e de determinados dereitos para certas finalidades financieiras.
Entre outras cuestións, esta modificación ven a incorporar as características que deben de ter as autorizacións administrativas previas á licencia de obra para que poidan ser empregadas a efectos de obter una taxación válida para as finalidades recollidas no ámbito de aplicación da orde.
No que respecta á sustentabilidade do inmoble, introdúcese un novo principio de sustentabilidade. Ademais, establécese como requisito documental, a efectos da taxación, a aportación do Certificado de Eficiencia Enerxética, debendo as sociedades de taxación de integralo na documentación empregada no proceso de valoración.
Nesta orde introdúcense tamén outros cambios en aspectos específicos da Orde ECO/805/2003, de 27 de marzo, como é o axuste da definición de «actualización dunha taxación», a introdución dun índice o inicio do informe de taxación ou a obrigación de sinatura electrónica do informe a todos os intervintes que asinan a mesma. Respecto dos criterios de valoración, establécense diversos cambios, como é a modificación da definición de superficie útil ou a ampliación da información sobre o uso de testamuñas.
Finalmente, a Orde inclúe reglas fundamentais para a valoración mediante métodos automatizados, así como a inclusión de determinadas habilitacións de desenvolvemento en favor da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións o obxecto de facilitar a súa labor de supervisión das entidades aseguradoras e reaseguradoras, e dos fondos de pensións.