Consello Galego: Presentación do Plan de Traballo do Plan Director da Construción
Publicada o 26/06/25

O Consello Galego remítenos información do Clúster da Construción, correspondente ao acordado na reunión do Consello Asesor do Clúster, que se pode descargar nos documentos adxuntos:

  • Presentación do Plan de traballo para a elaboración do Plan Director. 
  • Documento de participación no que se plantexan os primeiros pasos e información que se necesitan para integrar as aportacións o plan. 

Todas as aportacións resultan determinantes á hora de definir as medidas de acción para dar resposta aos obxectivos estratéxicos definidos no Plan Director da industria da construción, sendo clave identificar necesidades, retos e barreiras nos sectores vinculados á construción para propoñer todas aquelas medidas que poidan impulsar a súa competitividade.

En la oficina técnica, a la atención de Renata Fernández, se pueden formular aportaciones y atenderán casuísticas específicas que poidan facilitar as aportacións a través do correo: plan.director@galiciaconstrue.org

Ademais, tamén se remite enlace a unha ENQUISA do Cluster da Construción para oficinas de Arquitectura, Arquitectura Técnica e consultorías para o mapa de capacidades da construción industrializada, á que se accede iniciando sesión cunha conta de google.

Trasládase esta ENQUISA: https://forms.gle/NurZnoMkQvCwyr3W8, é moi importante colaborar coa cumprimentación da mesma.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.