Os Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tellas Verea é un certame organizado por Tellas Verea e dirixido a profesionais da arquitectura para distinguir obras ou solucións destacadas en cubertas realizadas con tellas cerámicas Verea.
A segunda edición dos Premios distinguirá obras finalizadas entre xaneiro do 2021 a decembro de 2024 con cuberta inclinada de tella cerámica, valorando positivamente aquelas que fosen instaladas utilizando o Verea System.
Categorías dos premios:
- Gama Eternal (uso de tella cerámica desta gama de produtos Verea).
- Gama Clásica (uso de tella cerámica desta gama de produtos Verea).
Premios:
- Gama Eternal: 3.000 €
- Gama Clásica: 3.000 €
Así mesmo, realizarase unha mención especial os proxectos con novos usos das tellas cerámicas Verea en traballos de señaléctica, revestimentos verticais, deseño interior e/o exterior.
Destinatarios e condicións de participación:
- Poderán participar arquitectos e arquitectos técnicos que traballen por conta propia, en empresas privadas ou institucións públicas, tanto en España como no estranxeiro, así como sociedades profesionais e institucións públicas do sector.
- Na categoría de mención especial, para traballos de señaléctica, deseño interior e/o exterior, poderán participar decoradores e outros profesionais.
- Poderán optar ao Premio obras de nova planta de uso público ou privado, reformas e rehabilitacións.
- As obras deberán utilizar na cuberta tella cerámica Verea e valorarase positivamente que fose colocada segundo o sistema de instalación Verea System (DIT 622p/22)
Prazo de presentación das candidaturas:
O prazo límite para a inscrición e presentación da documentación é o xoves 11 de setembro de 2025, antes das 24.00 horas.
Bases do concurso (descarga PDF) e tamén en documento adxunto.