ANMARQ: Manifestación "Pasarela RETA para todos"
Publicada o 13/08/25

A Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos - ANMARQ, infórmanos que o 27/09/2025 hai convocada unha manifestación en Madrid sobre a "Pasarela RETA", que comezará na Praza de España ata o Congreso, con concentración ás 11:30 horas e inicio ás 12:00 horas.

Actualmente estase nun período de emendas á Proposición de Lei presentada polo PSOE, que foi tomada en consideración o 6 de maio, e neste período de emendas aínda queda moito por facer para que esta Lei realmente acolla a todos os afectados sen exclusións, e realmente sexa unha Lei Xusta, Universal, Constitucional, e Optativa.

É obxectivo común de todos os afectados concienciar a todos os grupos parlamentarios da urxencia de resolver o actual problema existente coas pensións dos mutualistas, e é por iso que a unión de todos os afectados nesta convocatoria, potenciando o moito que nos une, é unha mostra máis da necesidade de axilizar esta tramitación xa que os mutualistas non podemos seguir esperando para ter os mesmos dereitos que o resto dos españois.

Podes consultar a información completa en comunicado adxunto de ANMARQ e tamén descargar o cartel informativo.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.