Consello Galego: Camiño Francés de Santiago - Preinscrición
Publicada o 18/08/25

O Consello Galego propónnos realizar unha ruta pertencente á derradeira etapa do Camiño Francés de Santiago.

Os detalles da mesma son:

Percorrido: Lavacolla 41 - Santiago de Compostela. Distancia: 11 km (aprox.)

Tempo estimado: 3 horas (paso lento)

Dificultade técnica: moderada

Día proposto: 27 setembro 2025 

Participantes: Colexiados, persoal dos colexios e familiares.

A saída sería dende Lavacolla, preto do aeroporto, para poder facer unha ruta lixeira e para toda a familia de 11-12 km nunha mesma mañá, bastante asequible para a meirande parte das persoas nun estado de saúde aceptable, e incluso para nenos.

Podes consultar o horario e itinerario previsto no documento adxunto.

Por motivos de organización precisamos coñecer o número estimado de interesados, para que debes enviar o boletín adxunto cuberto a gestiongabinete@coatac.es antes do 1 de setembro.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.