A Asociación Profesional de Peritos Xudiciais Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, no cumprimento dos seus fins e obxectivos fundacionais, presenta o Curso de Peritos Xudiciais correspondente á programación formativa do ano 2025. Este Curso está dirixido tanto aos Asociados como a todos aqueles profesionais do sector vinculados á pericia xudicial, que precisen e desexen actualizar e revisar os seus coñecementos tanto xurídicos como técnicos, conxugando contidos prácticos e teóricos. Pola súa parte, o Consello Galego da Arquitectura Técnica inclúe este curso dentro da formación específica do convenio de Xustiza Gratuita suscrito coa Xunta de Galicia.
Este Curso terá lugar os días 17, 18, 24 e 25 de outubro de 2025 presencialmente no Gran Hotel Los Abetos, en Santiago de Compostela. A inscrición realizarase do 15 de setembro o 15 de outubro, cumprimentando boletín na web: https://www.aparejadoresperitosjudicialesdegalicia.es/
Mais información e Programa do Curso no documento adxunto.