Publicouse no BOE nº 249, de 16 de outubro, Real Decreto 918/2025, de 15 de outubro, polo que se desenvolve o Consello sobre a Calidade da Arquitectura e regúlase a súa composición, atribucións e funcionamento.
Tal e como consta no artigo 15 do RD, o Pleno do Consello sobre a Calidade da Arquitectura está integrado polas persoas que asuman a Presidencia, a Vicepresidencia, a Secretaría e as Vogalías do Pleno. Dentro destas últimas, cabe destacar as seguintes:
f) Unha persoa en representación do Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España.
h) Unha persoa en representación da Conferencia de Directores de Escolas de Arquitectura Técnica.
O CGATE formará parte tanto da Sección de Calidade da Arquitectura, como da de Innovación e Sostibilidade.
O presente Real Decreto entrará en vigor aos vinte días desde a súa publicación no BOE.