O Colexio Oficial de Arquitectos Técnicos de Navarra impulsou en 2024 unha iniciativa dirixida a estudantes de 1º de bacharelato chamado “O Gran Concurso do Formigón”, co obxectivo de visualizar a profesión na sociedade en xeral e entre quen elixe agora o seu futuro académico en particular.
Esta proposta ampliouse a 11 provincias no ano 2025, promovido por outros COAATs, debido á repercusión mediática e a boa acollida que tivo nos centros educativos. De fronte ao 2026, novas provincias interesáronse en participar e, co obxectivo de dar a coñecer a iniciativa, os seus resultados e desenvolvemento, programouse unha charla informativa en liña aos Colexios para o próximo 29 de outubro ás 11’30 h.
Se estás interesado en participar, ou coñecer máis a fondo o proxecto, podes encher este formulario de inscrición á charla: https://forms.gle/UDWkMQAVcRezsc9t8