SRC: cobertura suma asegurada
Publicada o 04/12/25

Ante a problemática que estamos detectando, unHa vez mais lembrámosche que á hora de formalizar a póliza de SRC, é fundamental contar cunha cobertura de suma asegurada (póliza) acorde o tipo e volume dos encargos profesionais que se desempeñen para, chegado o caso, non estar infraasegurado. 

Neste sentido debes ter en conta que si habitualmente participas en intervencións que, estatísticamente, teñen un maior nivel de risco, como por exemplo Coordinacións de Seguridade e Saúde ou Direccións da Execución da Obra, é recomendable contar con coberturas altas, posto que en caso de sinistro as cuantías asociadas a súas reclamacións son elevadas. Convén ter en conta que pode chegar a suceder que a cantidade reclamada sexa superior á asegurada, co conseguinte perxuizo para o técnico que, neste caso, tería que responder con seus propios bens.

Por tanto recomendámosche encarecidamente que revises e actualices regularmente a póliza para túa cobertura de SRC, en función do tipo e volume dos encargos profesionais previstos.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.