O CGATE infórmanos que xa están dispoñibles as inscricións para CONTART Alicante 2026. Toda a información e o formulario de inscrición atópanse dispoñibles na páxina web do Congreso.
Todas aquelas persoas que se inscriban antes do 1 de marzo de 2026 poderán disfrutar dunha reducción no prezo da inscrición, así como os mutualistas de Musaat. Os estudantes contarán cunha cuota mais reducida durante todo o periodo de inscrición.
O Colexio concederá unha axuda económica a todos/as os/as colexiados/as cuxa comunicación fose aceptada polo Comité Técnico para a súa presentación como relatorio en CONTART. O prazo para enviar as comunicacións finaliza o 26/02/2026.
Para solicitar esta axuda, será necesario enviar o xustificante de aceptación emitido polo Comité Técnico ao correo electrónico gestiongabinete@coatac.es.
Desde o CGATE destácase o éxito de participación, xa que se recibiron mais de 120 resumes. Esto representa un récord na traxectoria de CONTART, polo que se espera que esta sexa unha edición de elevada calidade técnica e ampla repercusión.


