Desde a Fundación Galicia Constrúe, Agrupación industrial dá Construción, envíannos información da recente publicación no BOE da convocatoria CVI 2025 (Impulso da cadea de valor industrial). Aínda que nace do Ministerio de Industria e Turismo, este programa presenta este ano unha xanela de oportunidade estratéxica para o sector da construción industrializada e auxiliar.
Esta convocatoria conta cun orzamento de 140 millóns de euros en subvencións e está deseñada para financiar proxectos de I+D+i, sustentabilidade e dixitalización.
Por que é relevante para a nosa agrupación industrial?
A diferenza doutras axudas, a Orde ITU/1435/2025 destaca puntos crave para o noso sector:Vivenda Industrializada: A normativa cita explicitamente a fabricación de vivendas industrializadas como un sector prioritario para transformar o modelo produtivo actual.
- Investimentos en Activos Fixos: Finánciase a adquisición de maquinaria, equipos e a edificación/adecuación de naves industriais vinculadas a procesos de fabricación.
- Sustentabilidade e Economía Circular: Os proxectos que melloren a eficiencia enerxética ou aseguren a valorización de residuos (mínimo 70% segundo requisitos DNSH) teñen un encaixe directo.
- Dixitalización: Axudas específicas para a implementación de solucións avanzadas na cadea de produción (Pemes).
Datos crave da convocatoria:
- Prazo de solicitude: Do 29 de xaneiro ao 11 de febreiro de 2026.
- Orzamento total: 140.000.000 € (Só subvención).
- Prazo de execución: Ata 36 meses.
- Requisito crítico: Para axudas superiores a 30.000 €, é obrigatorio acreditar o cumprimento dos prazos de pago (Lei de Morosidade/Crea e Crece) mediante certificación de auditor.
Próximos pasos
Dada a brevidade do prazo de presentación (só 10 días hábiles desde a súa apertura), recomendámosvos:
- Identificar proxectos de investimento ou I+D que teñades previstos para 2026.
- Consultar co voso auditor a obtención do certificado de cumprimento da Lei de Morosidade (requisito indispensable para empresas que non presentan contas abreviadas).
Descarga nos documentos adxuntos as bases reguladoras e a convocatoria.


