O Consello Xeral envíanos información sobre a publicación o pasado 7 de xaneiro por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico da consulta pública previa para a modificación do Real Decreto 390/2021, do 1 de xuño, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios ao obxecto de, por unha banda, mellorar a eficiencia enerxética e descarbonización dos edificios e cumprir os obxectivos climáticos e enerxéticos da Unión Europea e, por outra banda, con motivo da aprobación da Directiva (UE) 2024/1275 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de abril de 2024, relativa á eficiencia enerxética dos edificios, para a transposición do relacionado co certificado de eficiencia enerxética dos edificios.
Segundo a consulta, esta modificación busca adaptar o sistema nacional de certificación de eficiencia enerxética dos edificios ao novo marco europeo, impulsando a renovación e favorecendo a transparencia. Para iso, preténdese analizar e establecer as esixencias e obrigacións introducidas pola citada Directiva 2024/1275, así como considerar aspectos introducidos nesta, en relación con:
- Impulso do certificado de eficiencia enerxética dos edificios como ferramenta estratéxica, que impulse a mellora enerxética do parque edificatorio, así como os investimentos tecnolóxicos e económicos necesarias para alcanzar as mellores cualificacións.Indicadores adicionais, como o Potencial de Quecemento Global e o Indicador de preparación para aplicacións intelixentes (artigos 7 e 15).
- Pasaporte de renovación enerxética vinculado ao certificado de eficiencia enerxética (artigo 12).
- Indicador principal, escala e elementos do certificado de eficiencia enerxética (artigo 19).
- Expedición, vixencia e exposición de certificados de eficiencia enerxética (artigos 20 e 21).
- Bases de datos e datos de acceso público (artigo 22).
- Expertos independentes e o sistema de control independente (artigos 25 e 27).
- Mecanismos de control e sancións (artigo 34).
Adicionalmente, preténdese analizar a ampliación do ámbito de aplicación do procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios a un maior número de edificios.
O prazo para remitir alegacións finaliza o próximo 6 de febreiro.
Podes formular as observacións que consideres oportunas a través do mail: gestiongabinete@coatac.es antes do 2 de febreiro, para que poidan ser elevadas ao Ministerio.
Para máis información, pode acceder á consulta na seguinte ligazón: https://www.miteco.gob.es/es/energia/participacion/2026/detalle-participacion-publica-k-792.html


