Informámosche que se publicou no DOG nº 16, de 23 de enero, a RESOLUCIÓN de 16 de xaneiro de 2026, pola que se solicita aos distintos colexios, asociacións ou corporacións profesionais legalmente recoñecidos o envío dunha lista de colexiados/ as ou asociados/ as que estean dispostos a actuar como peritos terceiros nas taxacións periciais contraditorias.
Así pois, o COATAC procederá a elaborar a relación de profesionais adscritos a este Colexio Oficial, e residentes na Provincia da Coruña, que estean interesados/ as en participar durante o ano 2026 nos expedientes de Taxacións Periciais Contraditorias, da Axencia Tributaria de Galicia, nas súas distintas Delegacións Territoriais (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo). Por iso, rógoche comuniques a este Colexio o teu interese en ser incluído nestas listaxes.
Se estás interesado en formar parte da listaxe de Peritos Taxadores para a ATRIGA durante o ano 2026, tes que enviar este Boletín de Inscrición que se adxunta ao Email: gestiongabinete@coatac.es, antes das 14,00 h do venres día 6 de febreiro de 2026.


