Ante o significativo aumento de correos con adxuntos ou enlaces fraudulentos/maliciosos que se están prodigando nestas datas, que incluso parece que son remitidos polos noso Colexio ou entidades asociadas o mesmo, como en anteriores ocasións lembrámosche que trátase de campañas de distribución de ransomware que empregan como gancho un correo dunha empresa, asociación ou entidade determinada (adoitan ser coñecidas e cercanas) na que se solicita que se revise un orzamento, ou adxúntase unha supuesta oferta e ínstase a revisala porque vai a expirar en curto prazo. Moitas veces tamén se solicita que se pique nun determinado enlace para realizar unha determinada comprobación ou actualización, algo que por supuesto non se debe facer.
O COATAC nunca mandarache un correo solicitándote este tipo de cuestións. Fíxate ben na dirección de orixe do correo que te chegue, que verás claramente que non é ningunha das habituais. Adxúntase enlace á nota do INCIBE para poder ampliar a información:
https://www.incibe.es/protege-tu-empresa/avisos-seguridad/nueva-campana-correos-adjuntos-maliciosos
Adxúntase tamén un enlace a un documento moi interesante deste mesmo organismo público, que permite mellorar a identificación de correos electrónicos cando se dubida da lexitimidade dos mesmos:
https://www.incibe.es/protege-tu-empresa/blog/dudas-legitimidad-correo-aprende-identificarlos
Por último, facilitámosche o enlace ao documento "Guía privacidade e seguridade en internet", elaborado pola Axencia Española de Protección de Datos (AEPD):
https://www.aepd.es/sites/default/files/2019-09/guia-privacidad-y-seguridad-en-internet.pdf


