Aberta a inscrición para a IX Edición do Programa Xuventude Mentoring
Publicada o 05/03/26

Dende o Programa Xuventude Mentoring infórmase da apertura da convocatoria para participar na IX Edición desta iniciativa de impulso ao talento novo en Galicia.

Tal e como recollen as bases publicadas, o programa está dirixido a persoas mozas de entre 18 e 30 anos que estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (podendo darse de alta antes de que remate o prazo de inscrición, o 13 de abril, inclusive) e que teñan finalizados estudos universitarios, de Formación Profesional superior ou ensinanzas de réxime especial en centros situados en Galicia.

O programa combina mentoría profesional, orientación laboral, formación especializada e actividades de networking, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento profesional e mellorar a empregabilidade da mocidade participante.

Na actualidade atópase aberto o prazo de inscrición para a nova edición, que permanecerá dispoñible ata o 13 de abril (inclusive).

As persoas interesadas poden consultar toda a información do programa na web oficial:
https://www.xuventudementoring.gal/

Tamén poden seguir as novidades do programa a través do seu perfil en LinkedIn:
https://www.linkedin.com/company/xuventude-mentoring-galicia/posts/?feedView=all

Inscrición:
A solicitude de participación debe realizarse a través do seguinte formulario:
https://www.xuventudementoring.gal/inscripcion-formulario-ix-edicion/

O programa está executado polo Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CIXUG) e conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e do Fondo Social Europeo (FSE), en colaboración coas tres universidades galegas.

Más información en documento adxunto.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.