Presentación de informes periciais ante os Xulgados
Publicada o 10/03/26

Os colexiados/as que fosen designados por un órgano xudicial para a elaboración de informes periciais, poden presentar escritos, informes e documentación relacionada co procedemento a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.

O acceso realízase a través da seguinte ligazón: https://sede.xustiza.gal/portada

Para realizar a presentación electrónica é necesario identificarse mediante certificado dixital, DNI electrónico ou sistema de identificación admitido, seleccionar o trámite correspondente:

  • Comunicación ou cambio de domicilio
  • Escrito de trámite xeral
  • Presentación de informe pericial
  • Solicitude de información, copia...
  • Etc...

Unha vez seleccionado o trámite, complétanse os datos que solicitan e anéxase a documentación relativa, finalmente asínase electronicamente o envío.

Ao finalizar o trámite, o sistema xera un xustificante de rexistro electrónico, que acredita a presentación #ante o órgano xudicial.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.