GeoNorte Subministracións Topográficas, empresa coa que este Colexio ten un convenio con vantaxes e descontos para os nosos colexiados/as, ofrecen un desconto de 300 € na adquisición do equipo máis avanzado: o novo GNSS Alpha-geo MATRIX III.
Este equipo representa un salto cualitativo no traballo de campo, incorporando tecnoloxías que maximizan a seguridade e a produtividade:
- Láser de 100 metros: Permite medir puntos inaccesibles ou perigosos con total precisión.
- Realidade Aumentada (AR) e Dobre Cámara: Guiado visual inmersivo para un trazado de planta exacto e instantáneo.
- Súper IMU: Medición fiable mesmo co bastón inclinado ata 120º.
Condicións da oferta para colexiados: O prezo do noso pack completo (Antena + Controladora (A tab) + Software + Jalón + Maleta) é de 3.000 € (Base sen IVE). Ao identificarse co seu número de colexiado, os seus membros beneficiaranse automaticamente dun desconto de 300 € sobre este importe.


