O CGATE comunicounos que, reunido o Comité Avaliador e tralo análise de cada unha das solicitudes recibidas, para a convocatoria das Axudas para o fomento da formación de doutorandos promovidas polo Consejo General de la Arquitectura Técnica de España no ano 2026, decidiuse outorgar provisionalmente unha delas a un dos nosos colexiados.
Desde o CGATE e o COATAC damos a felicitación e agradecemos a todos os colexiados a súa participación, xa que a través destas iniciativas ponse en valor a importancia da investigación da Arquitectura Técnica, así como fomentar e consolidar a presenza de arquitectos/as técnicos/as docentes nas nosas Escolas ofrecendo aos estudantes a mellor formación.


