O Consello Xeral da Arquitectura Técnica, infórmanos que co fin de continuar promovendo o deseño de cubertas ou tellados sobre os que sexa seguro traballar, integrando a prevención de riscos laborais desde a orixe, desde Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, en colaboración con aqueles profesionais con atribucións para proxectar edificacións a través dos Consellos Xerais que os representan e coa Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), publicouse o documento “Puntos clave para integrar aspectos preventivos no deseño de cubertas”.


