Actos de Celebración do noso Patrón San Xoán de Ortega 2026
Publicada o 20/04/26

O próximo 5 de xuño (venres), os/as colexiados/as do COATAC, celebraremos a festividade do noso Patrón San Xoán de Ortega.

Como en anos anteriores, consistirá nun Acto de recoñecemento aos/as colexiados/as que cumpren 60, 50 e 25 anos de exercicio profesional, así como nunha Cea de Confraternización. Debido á rotación da celebración deste acto entre as tres sedes colexiais, este ano corresponde realizalo en Santiago de Compostela.


Os eventos conmemorativos comezarán ás 20.00 horas no Gran Hotel os Abetos (Rúa de San Lázaro, #s/n, 15820 Santiago de Compostela, A Coruña), onde terá lugar a entrega de Diplomas e imposición de Insignias e Medallas de 60, 50 e 25 anos de exercicio profesional segundo relación nominal que se achega xunto con información sobre aloxamento e aparcamento no Gran Hotel Os Abetos.

A efectos organizativos, rogámoste que cumprimentes o Boletín adxunto e envíelo cuberto e asinado ao mail: gestiongabinete@coatac.es, tamén podes entregalo en calquera das tres Sedes Colexiais.

O importe da Cea é de 45 € por persoa, por motivos de organización as reservas realizaranse por rigorosa orde de inscrición para axustarnos á capacidade e o límite de inscrición será ata o mércores día 22 de maio ás 14.00 horas.

Animámoste a participar destes actos tradicionais.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.