Publicouse no BOE nº 99, de 23 de abril, Real Decreto 326/2026, de 22 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030.
O Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 estructúrase en sete capítulos entre os que destacan o Capítulo II, sobre a liña de financiación de axudas para o fomento do incremento da oferta de vivenda social e asequible, o Capítulo III, sobre a liña de financiación de axudas para o fomento da rehabilitación edificatoria, a accesibilidade e a renovación urbana e rural e o Capítulo IV, sobre a liña de financiación de axudas para reducir a taxa de esforzo para o pago da vivenda, así como para impulsar a emancipación das persoas xoves.
Os obxectivos estratéxicos que guían o Plan inspíranse nos seguintes cinco principios:
1. Mais vivenda pública, protexida e asequible.
2. Mellor vivenda (eficiencia enerxética e accesibilidade).
3. Facilitar o adianto da idade de emancipación.
4. Reducir a taxa de esforzo para o pago da vivenda.
5. Contribuir á reversión das zonas de mercado residencial tensionado.
O Plan está dotado con 7.000 millóns de euros, dos cales o Goberno aportará o 60% dos fondos e as comunidades autónomas o 40% restante. O 40% da inversión debe destinarse a ampliar a oferta do parque público, xa sexa a través da construción ou da adquisición de novas vivendas para conformar ese parque de vivenda pública a prezos asequibles. A rehabilitación suporá o 30% dos fondos, e o mesmo porcentaxe dedicarase ás axudas para as persoas que o precisen.
A execución do Plan articularase mediante convenios ou, no seu caso, resolucións de transferencias coas Comunidades Autónomas. Neles fixaranse as aportacións anuais da Administración Xeral do Estado e os compromisos de cofinanciación de cada territorio, priorizando as actuacións compartidas para reforzar a corresponsabilidade. Tanto as resolucións como os convenios entre o Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana as comunidades autónomas e cidades de Ceuta e Melilla, únicamente se formalizarán cando exista acordo sobre os requisitos mínimos propostos na Conferencia de Presidentes: a coinversión do 40 % do Plan, a garantía de permanencia das vivendas financiadas con fondos estatais e o compromiso de compartir datos e información.


