MUSAAT: Seguro de Responsabilidade Civil de Arquitectos Técncicos
Publicada o 29/04/26

Dende a sociedade de mediación deste colexio profesional, traballamos da man con Musaat, a Mutua da Arquitectura Técnica. Para nós é importante que te sintas acompañado/a e protexido/a en cada momento da túa etapa profesional.

Por iso, ofrecémosche un seguro feito á túa medida porque Musaat coñece a profesión, coñece os seus riscos e sabe como garantir a túa tranquilidade.

A póliza de Responsabilidade Civil para Arquitecto Técnico de Musaat ten coberturas moi completas a un prezo moi competitivo:

  • Protección desde o primeiro momento, mesmo se aínda non iniciaches a túa actividade profesional.
  • Sen franquías, sen primas complementarias nin de regulación.
  • Retroactividade ilimitada: garante as reclamacións polos teus traballos anteriores.
  • Sen infraseguro: non ten en conta a túa facturación anual.
  • Defensa xurídica incluída ata 24.000 €.
  • En caso de inhabilitación, ata 3.500 €/mes durante 18 meses.
  • Servizo de Perito de Acción Rápida, en caso de accidente.
  • Club Musaat: un servizo exclusivo para mutualistas con vantaxes adicionais (programa saúde 360º, servizo de ciberseguridade e descontos en alugueiro de vehículos).
  • E moito máis…

Ademais, só por estar colexiado e ser de Musaat, contas con importantes vantaxes:

  1. Duplícase ou triplica a túa suma asegurada, segundo a túa antigüidade.
  2. Cobertura por danos privados de ata 3.000.000 € por anualidade de seguro.
  3. Tranquilidade para a túa xubilación a través da Póliza Corporativa de Inactivos do Colexio.
  4. Desfrutarás de descontos: ata 95% para noveis, 20% por baixa actividade, 30% por nula actividade, 15% con Certificado ACP e 35% para funcionarios.
  5. Terás acceso a bolsas e programas de axudas para continuar a túa formación.

Non esperes máis e únete a Musaat. A Mutua da profesión, a túa Mutua. Para máis información podes contactar directamente coa Axencia Mercantil no teléfono: 981 575718 - mail: agenciamercantil@coatac.es ou chamando directamente a MUSAAT 91 766 7511. 

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.