Foi convocada a 43ª reunión del GuBIM Galicia, que terá lugar o sábado 9 de maio de 2026, ás 10:00 h, na sede do COAG de Santiago de Compostela.
Continuarase indagando no uso de ferramentas no-code e low-code para mellorar os nosos fluxos de traballo, continuando o proxecto iniciado na sesión anterior. Rematarase o desenvolvemento dunha aplicación para realizar informes de visitas de obra mediante o uso de IA e ferramentas de programación low-code. O programa e os datos da xornada están na páxina web do guBIM Galicia.
O enlace para apuntarse á reunión é: https://forms.gle/wYhyWQjoDWsmkZKF6
A participación no Grupo de Usuarios BIM de Galicia é completamente gratuita, sen interese económico nin empresarial particular, e ten por único obxectivo compartir experiencias e establecer redes de contacto, coñecemento e colaboración entre os usuarios BIM da nosa comunidade.


