Excursión a Illa de Sálvora
Publicada o 08/05/26

O COATAC organiza para os seus colexiados, unha excursión á Illa de Sálvora, que terá lugar o sábado 26 de setembro.

A excursión realizarase segundo o seguinte roteiro provisional:

  • 06.45 h.- 1ª recollida na Coruña, que terá lugar en Porta Real e posteriormente en Alfonso Molina en sentido saída da cidade, na parada de autobús fronte á Estación de Autobuses (xunto a gasolineira). 
  • 08.10 h.- Recollida en Santiago de Compostela, que terá lugar no Palacio de Congresos de San Lázaro, fronte á súa porta principal.
  • 09.45 presentación en porto de saída (O Grove)
  • 10.00 saída cara a Sálvora
  • 10.45 chegada e desembarque
  • 11.00 inicio roteiros guiados (Faro e/o Aldea, tal e como comentamos, adaptadas ás necesidades do grupo)
  • 13.00 fin dos roteiros guiados e tempo libre na zona da Praia da Almacén
  • 13.30 embarque para regreso a porto de orixe
  • 14.15 chegada a porto de orixe no Grove.
  • 14.30 h Comido en Restaurante no Grove
  • 18.00 h regreso.

O prezo desta excursión é de 35 € por persoa. Inclúese a comida nun Restaurante no Grove. Cada colexiado poderá levar un máximo dun acompañante, que deberá abonar o mesmo importe. O nº de prazas está limitado a 55 persoas (acompañantes incluídos). En función do nº de solicitudes, valorarase a posibilidade de incluír a algún acompañante a maiores e o poder realizar a excursión.

Para formalizar a túa inscrición e no seu caso a do teu acompañante, en primeiro lugar deberás confirmar a dispoñibilidade de prazas, poñéndoche en contacto co Gabinete Técnico do COATAC, en persoa ou empregando os medios de contacto habituais (telf. 981206214, ext 2115; Email: gestiongabinete@coatac.es). Unha vez confirmada a dispoñibilidade de praza, deberás entregar cumprimentado o Boletín de Inscrición que se achega, tamén no Gabinete Técnico. O Prazo de preinscrición finaliza o 29 de maio de 2026, a partir desta data contactaremos con todos os prerexistrados para informarlles.