O portal do Ecosistema da Construción Industrializada en Galicia, iniciativa vinculada o Plan de Impulso da Construción Industrializada promovido pola Xunta de Galicia en colaboración co Clúster da Construción de Galicia, constitúe un espazo de referencia para coñecer o avance da industrialización no ámbito da edificación, así como as metodoloxías, tecnoloxías e solucións innovadoras que están contribuíndo á modernización e sostibilidade do sector construtivo galego.
Entre os seus principais contidos destaca o Mapa de Capacidades da Construción Industrializada en Galicia como ferramenta de consulta técnica e conexión sectorial. O seu obxectivo é facilitar a colaboración entre proxectistas, enxeñerías, construtoras e fabricantes, favorecendo a integración temperá das solucións industrializadas e proporcionando unha visión global do ecosistema galego da construción industrializada.
Pica aquí para acceder a edifica4.0
Pica aquí para acceder o Mapa de capacidades da Construción industrializada en Galicia
af


