Modificación Real decreto 853/2021 (PRTR) - Disposición final segunda do PEV 26-30
Publicada o 10/06/26

O pasado 23 de abril de 2026 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real decreto 326/2026, de 22 de abril, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2026-2030.

A disposición final segunda do mesmo introduce modificacións no Real Decreto 853/2021, de 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. 

En concreto e coa finalidade de que dispoñer de información actualizada, modifícase o apartado 7 do artigo 4, que queda redactado como segue: 

7. O incumprimento de calquera das condicións impostas con motivo da concesión das axudas do programa, en calquera dos supostos establecidos no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, así como o incumprimento dos hitos, obxectivos, prazos, ou calquera otro aspecto da normativa que esté vinculada o PRTR, conforme o artigo 7. Séptima da Lei 11/2020, de 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado será causa de inicio de procedemento de reintegro das cantidades percibidas e a esixencia do interese de demora, desde o momento do pago da subvención, aplicándose o procedemento de reintegro regulado no capítulo II do título II da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións. 

O cumprimento parcial das condicións establecidas ou a realización en prazo de só unha parte da actuación comprometida dará lugar o axuste e pago parcial da axuda outorgada, sempre que non procedera a revocación da axuda por incumprimento de outras obrigacións esenciais ou requisitos establecidos no presente real decreto, e sen perxuizo da obrigación de reintegro proporcional que correspondera, no seu caso. Excepcionalmente, nos programas 1, 2, 3 e 6, a comisión bilateral de seguemento, en función do grao de desenvolvemento do proxecto, poderá autorizar unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións recollidos neste real decreto, previa verificación polo Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana da senda de cumprimento global dos obxectivos do Plan.

En aplicación desta modificación o 12 de maio, o IGVS e o Ministerio asinaron unha adenda o Acordo Bilateral do Programa 3 do PRTR (REHABILITACIÓN A NIVEL DE EDIFICIO) que permite prorrogar os prazos de execución e xustificación das actuacións ata os seguintes prazos máximos: ata 30/06/2028 para a execución.

- ata 31/12/2028 para a xustificación das actuacións por parte do IGVS o Ministerio.

- ata 31/12/2028 para a xustificación das actuacións por parte do IGVS o Ministerio.

Sen perxuizo desto a autorización das prórrogas nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións obxecto de financiación a través do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación a nivel de edificio no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia realizarase, no seu caso, de forma individualizada pola Comunidade Autónoma previa solicitude dos destinatarios últimos das axudas, respectando en todo caso os principios de igualdade, seguridade xurídica e control do gasto público.

Esta información xa foi enviada aos representantes dos expedientes con posibilidade de ampliación de prazos. Lembramos que en aplicación do artigo 32 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, de procedemento administrativo común das Administracións Públicas:

3. Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de que se trate. En ningún caso poderá ser obxecto de ampliación un prazo xa vencido. Os acordos sobre ampliación de prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso, sen perxuizo do procedente contra a resolución que poña fin o procedemento.

Igualmente e en base ás solicitudes dos concellos que participan no Programa barrios, enviouse a solicitude de prórroga do mesmo e atopámonos fase de sinatura das adendas que habilitarán a prórroga dos mesmos. Actuamente están xa asinadas e por tanto coa prórroga autorizada os seguintes concellos:

- A CORUÑA

- MUROS

- SANTIAGO DE COMPOSTELA

- A VEIGA

- AS NEVES

- POIO

- PONTEAREAS

- VIGO

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.