CGATE: Guía Movémonos pola Pobreza Enerxética. Hábitos simples para reducir a enerxía na vida diaria
Publicada o 10/06/26

O Consello Xeral da Arquitectura Técnica - CGATE, envíanos información da Guía "Movémonos pola pobreza enerxética. Hábitos simples para reducir a enerxía na vida diaria", presentada o 4 de xuño na Escola Técnica Superior de Edificación da Universidade Politécnica de Madrid, centrada nesta edición en hábitos simples para reducir a enerxía na vida diaria.

O Consello Xeral participa por cuarta vez nesta iniciativa, na que os alumnos da Escola Técnica Superior de Edificación, xunto con alumnos con discapacidade intelectual do programa Focus Labora da Fundación Down Madrid, traballaron conxuntamente na súa elaboración.

A publicación achega a grupos sociais en situación vulnerable, unha guía onde poder consultar e aprender sobre como xestionar adecuadamente os recursos enerxéticos, alén de fomentar a inclusión de persoas con discapacidade intelectual en proxectos universitarios.

Nesta guía trátanse, entre outros, temas como a diferenza entre enerxía renovable e non renovable, a lectura e interpretación dunha factura da luz, as diferenzas entre o mercado libre e o mercado regulado, o bono social eléctrico e o bono social térmico.

O proxecto conta cun pódcast e diferentes vídeos na súa canle de Youtube onde se tratan temas relacionados coas instalacións. Podes consultar nesta ligazón a guía ao completo e aos vídeos resumen do Proxecto na súa canle de Youtube.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.