Convocatoria Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia
Publicada o 15/06/26

O 11.06.2026 publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras e a convocatoria da I edición dos Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de recoñecer e impulsar o compromiso e as boas prácticas ambientais das entidades galegas.

A convocatoria, dirixida a aquelas organizacións públicas ou privadas rexistradas no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS), prevé tres categorías en función do tamaño da organización, así como recoñecementos específicos á traxectoria no sistema EMAS e a iniciativas concretas que destaquen pola súa contribución á sostibilidade.

O prazo de presentación de candidaturas permanecerá aberto ata o 13.07.2026 e as solicitudes deberán presentarse electronicamente, a través do procedemento MT976C, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O cuestionario de autoavaliación en formato Excel que debe acompañar a solicitude na categoría principal está dispoñible na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.

Para calquera outra dúbida sobre esta convocatoria, poderán contactar a través do correo electrónico emas.medioambiente@xunta.gal ou do teléfono 981 541 046.

Más información en la documentación adjunta.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.