Lexitimación de firma dixital para os notarios
Publicada o 16/06/26

En determinados expedientes, algúns notarios están a solicitar a lexitimación de firma de documentos asinados dixitalmente.

Aínda que a sinatura electrónica ten plena validez xurídica, esta lexitimación permite ao notario verificar formalmente a identidade do asinante e achegar unha garantía adicional sobre a autenticidade da firma utilizada no documento.

Por este motivo, pode requirirse como parte de determinados trámites ou expedientes.

Como pode realizarse?

Este trámite pode realizarse de forma telemática a través do Portal Notarial do Cidadán: Portal Notarial da Cidadán – Lexitimación de Firmas

A través deste servizo, o colexiado poderá:

identificarse electronicamente, subir o documento asinado dixitalmente,asinalo electronicamente, e envialo ao notario para a súa lexitimación.

Recomendacións Antes de iniciar o trámite, recoméndase:

comprobar que o certificado dixital estea vixente, verificar que a sinatura electrónica sexa válida, e conservar sempre o documento orixinal asinado dixitalmente.

Para calquera dúbida, podedes contactar co COATAC chamando ao 981 206140 (Gabinete Técnico)

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.