Os profesionais da Arquitectura Técnica que teñan o seu seguro de RCP contratado con MUSAAT poderán acceder ao extorno parcial da prima do seu seguro, se mantiveron activa a súa póliza en 2025 e renóvana en 2026.
O extorno consiste na devolución do 50% do importe da prima ao colectivo de asegurados neste ramo que cumpran as condicións establecidas por Musaat* e realizarase no segundo semestre de 2026.
A comunidade de mutualistas poderá consultar se é beneficiaria do extorno e como xestionalo a partir de xullo desde a área Mutualista da web de Musaat ou a App (dispoñible en sistema Android e iOS), ou consultando coa Sociedade de Mediación deste Colexio no teléfono: 981 575718 (María ou Bea).
Máis información na web de Musaat e tamén no documento adxunto.
*Consultar as condicións con MUSAAT.


