Campaña empresa solidaria
Publicada o 15/07/26

Unión Profesional de Galicia súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria, impulsada desde EAPN Galicia-Red Europea contra a Pobreza. 

Co inicio do período da declaración do Imposto de Sociedades, comeza a campaña Casilla Empresa Solidaria. Unha iniciativa que asegura que, marcando este recadro, o 0,7 % da tributación se destine a financiar proxectos sociais. É unha acción voluntaria libre e a custe cero para as empresas e coa que se apoia a iniciativas de entidades do Terceiro Sector que promoven a inclusión, a igualdade e o benestar social de todas as persoas, en especial as que están nunha situación de maior vulnerabilidade.

EAPN Galicia-Rede Europea contra a Pobreza, co apoio de Unión Profesional de Galicia, pon de manifesto que:

• Non ten ningún custo.

• Outórgaráselle o Selo de Empresa Solidaria que acredita que busca xerar un impacto positivo como empresa.

Mais información nos seguintes enlaces:

https://eapn-galicia.com/galicia-supera-os-47-millons-de-euros-de-recadacion-na-casilla-empresa-solidaria-do-imposto-de-sociedades-en-2025-o-terceiro-incremento-mais-alto-de-espana/

www.casillaempresasolidaria.es

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.