Lembrámosche que, en aplicación do Real Decreto 659/2025, que modifica o Real Decreto 390/2021, a partir do xoves 23 de xullo de 2026 é obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder elaborar Certificados de Eficiencia Enerxética (CEE).
Esta acreditación como técnico competente pode realizarse a través do procedemento en Sede Electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, onde ademais facilítanse todas as guías e información o respecto:
Que debes facer?
- Presentar unha Declaración Responsable ante o órgano competente da túa Comunidade Autónoma (necesítase firma dixital válida para poder realizar o procedemento dixitalmente).
Non é necesario realizar cursos adicionais cando se accede mediante unha titulación habilitante como a de Arquitecto Técnico.
DATOS A CUMPRIMENTAR NA DECLARACIÓN RESPONSABLE (ANEXO IV - documento adxunto)
No Anexo IV só é necesario cumprimentar os seguintes apartados: (o resto xa está cumprimentado por defecto)
- Nome e apelidos e os datos xerais do apartado a).
- No apartado e), indicar se se autoriza ou non a publicación dos datos.
- Indicar lugar e data de firma.
Unha vez cumprimentado, débese asinar dixitalmente e presentar a través do rexistro do MITECO.
Unha vez presentada a declaración responsable seguindo os trámites que se van indicando no procedemento, e achegando soamente o anexo IV - Declaración Responsable adxunto cumprimentado e asinado dixitalmente, quedarás acreditado e rexistrado como Técnico Competente para a Certificación da Eficiencia Enerxética dos Edificios, podendo emitir certificados conforme a normativa vixente.
Registro Administrativo Centralizado de Técnicos Competentes.
Descarga no documento adxunto (anexo IV) modelo de declaración responsable en formato pdf editable e o oficio do CGATE coa información sobre o rexistro administrativo centralizado de técnicos competentes en materia de certificación enerxética.


