CGATE: Aclaración sobre os efectos da Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, do 04 de xuño, e as competencias dos Arquitectos Técnicos para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda
Publicada o 18/09/26
Ante as distintas interpretacións que se están difundendo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:
- “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.”
- “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.”
O COATAC está estudando todas as actuacións posibles encamiñadas a defender as atribucións profesionais do noso colectivo, mantenéndose vixilante ante calquera interpretación interesada que extralimite os efectos desta Sentenza.
Podes consultar a nota completa do CGATE no documento adxunto.
Máis información en documento adxunto.


