Xa poden consultarse en RIARTE (https://www.riarte.es) os artigos publicados polas revistas colexiais de Arquitectura Técnica correspondentes o primeiro semestre de 2026.
Nesta nova actualización atopamos traballos sobre recuperación do patrimonio histórico e industrial, arquitectura adaptativa e de vanguarda, novas tecnoloxías e sostibilidade, xunto con cuestións directamente relacionadas co exercicio profesional: accesibilidade universal, xestión de terras contaminadas, control de calidade, eficiencia enerxética ou as novas esixencias normativas do sector.
En conxunto, estos artigos ofrecen un percorrido pola realidade actual da edificación e permiten coñecer solucións reais, experiencias profesionais e novas respostas ante os cambios técnicos, normativos e ambientais aos que se enfrenta a nosa profesión.
As revistas colexiais constitúen un nexo fundamental entre o exercicio profesional e o ámbito técnico e científico. A súa publicación continuada permite conservar e difundir un coñecemento que, doutro xeito, tería moita mais dificultade para acadar visibilidade e permanecer accesible no tempo.
Desde RIARTE seguen traballando para reunir, preservar e facilitar o acceso a este importante patrimonio documental da Arquitectura Técnica.
Pódese consultar a publicación e acceder o listado dos novos artigos no seguinte enlace: https://lnkd.in/p/eJ8XunHC
RIARTE é unha iniciativa promovida polo CGATE para fomentar e visibilizar a producción técnica e científica da Arquitectura Técnica.


