Musaat reforza a protección dixital dos seus mutualistas cun servizo gratuito de ciberseguridade
Publicada o 02/09/26

Nun entorno cada vez mais dixitalizado, a protección da actividade profesional tamén pasa por coidar a seguridade dos datos, as contas, os dispositivos e a identidade dixital. Por iso, Musaat pon a disposición da súa comunidade mutualista, a través do Club Musaat, un servizo gratuito de ciberseguridade xestionado por Lazarus, compañía especializada en solucións tecnolóxicas orientadas á transformación dixital de empresas e profesionais.

Este servizo, dirixido a mutualistas con pólizas de Responsabilidade Civil Profesional para profesionais da Arquitectura Técnica, Arquitectos, Peritos, Taxadores e Informes, ten como obxectivo axudar a previr riscos digitales, detectar posibles vulnerabilidades y actuar ante incidentes de ciberseguridad.

Un contrasinal filtrado, unha conta exposta, un correo fraudulento, unha web vulnerábel ou un ataque ransomware poden comprometer documentos, datos profesionais, comunicacións con clientes e mesmo a continuidade do traballo diario. Estas ameazas non afectan unicamente a grandes empresas: tamén poden poñer en risco a profesionais que traballan cada día con información sensíbel e documentación de valor. Un servizo integral, diferencial e sen custe.

O servizo de ciberseguridade inclúe vixilancia de posíbeis filtracións de datos, comprobación de exposición de contas, análise básica de seguridade web, revisión do cumprimento en materia de protección de datos e ferramentas para a recuperación e protección de dispositivos. Articulase en torno a catro grandes áreas de ciberseguridade:

  • Análise. Diagnóstico da exposición dixital, incluíndo a revisión de credenciais e a detección de posíbeis fugas de información en contornas como a Dark Web e a Deep Web.
  • Infraestrutura. Facilita a protección e auditoría básica da infraestrutura tecnolóxica, con avaliación de vulnerabilidades en sistemas, redes ou activos dixitais.
  • Vixilancia dixital. Ofrece monitorización continua da identidade e dos activos dixitais, con alertas ante posíbeis exposicións ou ameazas detectadas.
  • Compliance. Axuda a revisar aspectos vinculados ao cumprimento normativo en materia de ciberseguridade e protección de datos, un ámbito cada vez máis relevante para calquera actividade profesional.

Como acceder ao servizo

O acceso á plataforma é rápido e sinxelo. Cada mutualista só ten que:

  1. Acceder á plataforma: musaatseguros.cyberscp.com
  2. Rexistrarse co seu enderezo de correo electrónico.
  3. Crear a súa conta e iniciar sesión desde calquera dispositivo.

Desde ese momento, poderá consultar a súa exposición dixital, acceder a ferramentas de protección e recibir asistencia especializada en caso de o necesitar.

Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta noticia.
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.