Calendario Colexial 2027
Publicada o 15/09/26

Co obxectivo de realizar un calendario colexial de sobremesa para o ano 2027, queremos que todos os colexiados/as que estean interesados/as poidan participar achegando fotografías en formato jpg coa mellor resolución posible.

Animámosvos a participar!

A temática será libre, aínda que se valorarán especialmente aquelas relacionadas coa arquitectura e a construción: arquitectura popular ou singular, rehabilitación, detalles construtivos, materiais, obras, patrimonio, etc.

Cada colexiado/a poderá presentar ata un máximo de tres fotografías, en formato JPG e coa maior resolución posible, indicando en cada unha o título e nome e apelidos do autor/a.

As fotografías deberán enviarse a gestiongabinete@coatac.es xunto co boletín de inscrición que se achega antes do 13 de novembro de 2026.

De entre as imaxes recibidas seleccionaranse 12 fotografías para formar parte do calendario. 

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.